Xoán Cibeira Badía - 28-12-2007 08:19:14 | Categoria: lembranzas e reflexións
Un xa comeza a pensar que este blog vai tendo algo de máxico. Podería dicir que non atopo outra explicación para que aparezan “cousas” como as que ides ver a continuación, pero como un a esta idade vai resistíndose a interpretar nada en clave irracional, imos deixar o de “máxico” para o efecto que produce o blog nalgúns, que xa non van sendo poucos. O noso compañeiro Rolland, personaxe ao que tanto achamos de menos no blog moitos de nós, aínda que xa sabemos que anda moi atarefado, remítenos un documento procedente daquel “Observo y experimento” de ¡¡¡primeiro de EXB!!! Iso si que é dispor dun arquivo privilexiado! O material non ten desperdicio, así que se queredes velo con máis definición, con máis tamaño, ides telo ao voso dispor no Álbum de fotos, onde aproveitando a ocasión se vai abrir un apartado para documentos que a xente vaia atopando e enviando. Pode saír algo interesante de aí, por que non, sobre todo se aparecen cousas que agora nos resultan tan impactantes como o que envía Eduardo. El mesmo alude no correo electrónico que me remite a que observa “un tonillo general en exceso amable con la educación que recibíamos” polo que “me gustaría que pudieseis publicar estas páginas tan edificantes”. Unicamente hei comentar aquí o que xa lle respondín a el: os promotores do blog acordaron, tacitamente como quen di, intentar ser asépticos na redacción dos textos, aínda que logo nos comentarios deixen de selo. Ademais, por suposto, vanse editando todos os textos que os compañeiros remiten e algunhas persoas, dado que se comprometeron a colaborar na organización e a escribir máis ou menos asiduamente, publican os seus propios textos. E cadaquén fala da feira... ou ben escolle unicamente boas lembranzas e prefire non facerse "mala sangre" co acontecido naqueles anos, aos que podemos aplicar aquilo do "aquí pasou o que pasou". De todos os xeitos, animo a toda a xente a que escriba algunha cousiña e que se anime a enviala para publicármola.Corto o “rollo” e pásolle o “micro” a Rolland, reproducindo as súas propias palabras:
Sin olvidar al niño pijo que porta la bandera del pollo, creo que dan auténtico miedo estas frases, dirigidas a niños de 6 años: “OBEDEZCO Y TENGO CARIÑO A MI JEFE DE ESTADO” Y “Amo a España. Defiendo y Respeto la bandera”.
La parte graciosa la pone el apartado “Recorta de un periódico la foto del Jefe del Estado. Pégala en este recuadro”. Con Franco muriéndose –el libro está editado en 1974–, los águilas de la Editorial Edelvives no querían verse retirando del mercado todos sus libros. Así que, “recorta y pega la foto del Jefe de Estado... no sea que Pacote la haya diñao”.
En fin, espero que te gusten estos hermosos recuerdos.
Grazas, Eduardo, por axudar a pór as cousas no seu sitio con ese traballo de investigación. Como lle gustaría a máis de un que algunhas destas páxinas seguisen a formar parte dos libros de texto.




Anotación por Xoán Cibeira Badía a las 08:19:14
| Comentarios (1)
Guardado en la categoría lembranzas e reflexións | Referencias (0)
Guardado en la categoría lembranzas e reflexións | Referencias (0)
Referencias:
dende os veráns do 83 e do 08 ni su autor se hacen responsables de los comentarios aqui hechos. Cualquier comentario insultante o fuera del tema, será borrado.
Comentarios:
-
Well, I am so excited that I have found this your post because I have been searching for some information about it. Good post. I am taught one thing tougher on different blogs everyday.
Enviado por Burberry Outlet Bags el 05-08-2011 a las 09:52:47
Escribe tu comentario
HTML Permitido. Correo electrónico no se muestra.